TRON


O noso proxecto está inspirado en TRON, unha película que segue as aventuras de Kevin Flynn, un programador de computadoras e creador de videoxogos que termina sendo teletransportado dentro dun mundo virtual onde interatúa con programas a través de videoxogos deportivos. TRON estreouse en 1982 e foi un ito pola súa temática, efectos especiais e a súa peculiar estética. As que foran claves da película: a creación de videoxogos, as aventuras dun “gamer”, o mundo virtual (metaverso), etc. son agora, no século XXI, unha realidade. Con este proxecto queremos aunar competencias importantes que precisa a nosa mocidade: competencias tecnolóxicas, dixitáis e artísticas a través da electrónica, a programación, o deseño e o marketing empresarial para desenvolver un produto coa dinámica “lean startup”.


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario