A Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove concedeunos unha axuda de 5.000€ para o desenvolvemento do proxecto TETRIS.
En TETRIS unimos competencias importantes
que precisa a nosa mocidade: competencias tecnolóxicas, dixitais e artísticas a
través da electrónica, a programación, o deseño e o marketing empresarial para
desenvolver un produto coa dinámica “lean startup”.Creando un espazo onde os
mozos se reúnan para aprender de maneira non formal e creen unha historia/videoxogo,
unha consola arcade, instrumentos electrónicos e un plan de promoción destes
produtos a través dun vídeo, páxina web e redes sociais.
Aquí podedes ver algunhas da máquinas recreativas creadas por os nosos rapaces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario